← Volver atrás

Barros Chantada, Manuel

Alcume: o Rancheiro
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Meis
(Pontevedra)
- 28/10/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 12/12/1987 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Canteiro, labrego e político, 35 anos. Veciño de San Salvador de Meis. Fillo de Manuel-Ramón Barros Torres, encarcerado, e de Carmen Chantada.

Pertencía á sociedade La Fraternidad Obrera de Labregos de Meis desde maio de 1936.

Fuxido. Encarcerado. Exiliado.

Cando se produce o golpe militar participou na defensa da República colaborando na requisa de armas. Acode na defensa de Pontevedra, e ao caer esta tiveron que enfrontarse á Garda Civil no Curro, quedándolles inmobilizado o coche no que viaxaban.

Agochouse ata o día 06/11/1936, data na que o chamaron ao cuartel de Cambados (Pontevedra), onde lle deron unha malleira e abandonárono nun camiño.

Mobilizouno o exército sublevado o día 06/01/1937 e asignárono ao Rexemento de Infantería Mérida nº 35 e destinárono á fronte asturiana. Pasouse ao bando leal en outubro de 1937 cando se decatou de que querían fusilalo.

Combateu en Trubia, Xixón e Pola de Siero. Ascendido ao grao de sarxento, destinárono a Puerto Puntón. Tentou fuxir a Francia, pero tivo que volver a Candás, Carreño (Principado de Asturias).

Despois de deambular co nome falso de Julián Martínez Ubilla, prendérono as tropas franquistas e trasladado o día 24/02/1938 a San Marcos (León).

Xulgado en consello de guerra, no ano 1937, polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Pasou pola cadea de San Pedro de Cardeña (Burgos) e de La Muedra, Vinuesa (Soria).

O día 11/05/1942 comunicáronlle a posta en liberdade.

Volveu a Meis e agochouse nun refuxio habilitado na casa dos seus pais e onde imprimía panfletos de propaganda antifascista.

Solicitou o indulto en 1945 e concedéronllo.

En 1947 pasou á República Arxentina, onde casou con Basilisa González Álvarez.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha