← Volver atrás

Barros Torres, Manuel-Ramón

Alcume: o Rancheiro
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Meis
(Pontevedra)
- 28/04/1881 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego e político, 55 anos. Casado con Carmen Chantada e pai de Manuel Barros Chantada. Estivo na emigración na República Arxentina e, ao seu regreso, colaborou no movemento agrarista.

Concelleiro en 1931 e segundo tenente de alcalde de Meis, cando era alcalde Ramón Abal Sabarís. Pertenceu á sociedade La Fraternidad Obrera de Labregos de Meis.

Encarcerado.

Prendérono as autoridades franquistas en xullo de 1937, con outras persoas, acusados de requisar armas para opoñerse á sedición.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 17/03/1938, polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e un día de cadea.

Neste consello de guerra inculparon a: Camilo Abal López, labrego Manuel-Ramón Barros Torres, labrego; Benito Güimil Prado, comerciante; Nemesio Outeda, labrego, e José Vidal Fernández, carpinteiro.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Conmutáronlle a pena na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de dous anos de prisión menor e extinguírona o día 12/06/1939.

Abríronlle un expediente de responsabilidades políticas no 1939.

Agochou ao seu fillo Manuel Barros, nos anos corenta, para evitar que o arrestaran.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha