Nacemento:
Morte:
Casada en 1930 co capitán de corveta Carlos Aguilar-Tablada Tejón; tiveron unha filla e un fillo: María-Asunción e Carlos. O seu home participou nas campañas de Marrocos; era alférez de fragata en 1921, alférez de navío en 1922, tenente de navío en 1926 e capitán de corveta en xaneiro de 1935; nomeárono 3º comandante do acoirazado Jaime I.
Vítima colateral.
O comandante do Jaime I cando se produce o golpe de Estado era o capitán de navío Joaquín García del Valle, que non se puxo do lado dos rebeldes. Aguilar-Tablada era o oficial do buque máis afín ao levantamento militar e, aínda que gozaba de permiso, logrou embarcar en Vigo (Pontevedra) antes de que o barco saíra cara Cádiz por orde do Goberno republicano para facer fronte aos rebeldes.
O día 20 de xullo a mariñeiría leal decidiu tomar o barco diante das sospeitas de que os oficiais se puxeran do lado dos rebeldes e despois de recibir ordes desde o Goberno de Madrid.
Os oficias rebeldes Carlos Aguilar-Tablada Tejón, José Cañas Arce, José-María Otero Goyanes e Carlos Falquina García de Pruneda fixeron fronte coas súas armas desde a ponte do acoirazado; morreron Aguilar-Tablada e Cañas Arce e aos outros dous feríronos no enfrontamento. O seu corpo soterrárono no mar.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.