← Volver atrás

Bastarreche Díez de Bulnes, Francisco

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Cádiz
- 11/08/1882 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 12/05/1962 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e político, 53 anos. Casado con Concepción Moreno Fernández, irmá do golpista Francisco Moreno Fernández; tiveron catro fillos. Iniciou a súa carreira militar no ano 1898. Mariño da Armada. Participou na Guerra de Marrocos. Capitán de corveta en 1920, capitán de fragata en 1928 e capitán de navío en 1935.

Cando se proclamou a II República era o comandante do cruceiro Almirante Cervera e, despois, director da Escola de Tiro Janer, Marín (Pontevedra).

Participou na represión no Principado de Asturias contra os obreiros por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934; alí destacou polo duro trato inflixido aos detidos.

No ano 1935 nomeárono director da Escola Naval Militar de Marín.

Golpista.

En xullo de 1936 estaba ao mando do Alcalá Galiano, aliñouse cos golpistas, declarou o estado de guerra en Marín e auto-declarouse alcalde desta localidade. Cos aviadores do Polígono de Tiro Naval Janer, en Marín (Pontevedra), ao mando duns 300 homes, participou nos movementos golpistas en Pontevedra. Participou activamente como sublevado e foi o responsable dos bombardeos de Tui, Vigo, Noia e Vilagarcía de Arousa.

Neste polígono tiña a súa base a escuadrilla de hidroavións Savoia e os avións de observación Maschi.

Os republicanos expulsárono do exército o día 26/07/1936.

O día 13/09/1936 os sediciosos nomeárono comandante do cruceiro Canarias, co que participou en varios enfrontamentos, bombardeou Sagunto, Cullera e Rosas, e co dito cruceiro sería responsable, con Gonzalo Queipo de Llano Sierra, da masacre de La Desbandá, onde finaron miles de civís que fuxían de Málaga.

Ascendido a contra-almirante en marzo de 1937, nomeárono xefe da Base Naval das Illas Baleares e, en outubro do mesmo ano, comandante xeral do Departamento Marítimo de Cádiz. Ascéndeno a vicealmirante o día 27/07/1939 e, logo, xa como almirante exerceu de capitán xeral de Cartagena (Murcia) ata que se xubila no ano 1950.

No ano 1938 era conselleiro nacional de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS).

Ao remate da guerra civil, no ano 1941, ascendérono a almirante.

Procurador nas Cortes en 1948 e membro do Consello do Reino.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.