Nacemento:
Morte:
Militar, 52 anos. Casado en 1911 con Antonia de Reyna Martínez de Tejada. Veciño de Ferrol (A Coruña). Ingresou na Escola Naval Flotante en Ferrol no ano 1898. Alférez de navío aos 19 anos, capitán de corveta en 1920, capitán de navío en 1935, cando o nomearon director da Escola de Guerra Naval en Madrid. Irmán do tamén mariño rebelde Salvador Moreno Fernández.
Golpista.
Cando se produce o golpe dos sublevados achábase en Ferrol, sendo o comandante de quilla do cruceiro pesado Baleares e do cruceiro pesado Canarias por nomeamento de novembro de 1935.
Uniuse aos rebeldes, tomando o mando do Arsenal por nomeamento do xa cesado xefe da Base Naval, Indalecio Núñez Quijano, despois do arresto domiciliario do xefe lexítimo, o contra-almirante Antonio Azarola Gresillón, a quen asasinaron dúas semanas despois.
O Goberno de Burgos nomeouno xefe da Frota Nacional e vogal da Xunta de Defensa, habilitado de contra-almirante. Ao mando da frota, co cruceiro Canarias e o cruceiro lixeiro Almirante Cervera distinguiuse nas operacións do Estreito, deixando fóra de combate aos destrutores Gravina e Almirante Ferrándiz na Batalla do Cabo Espartel, Tánxer (Marrocos) e levantou o bloqueo da costa sur e do norte de África.
En 1937 ascendeu a vicealmirante e nomeárono almirante xefe das Forzas de Terra, Mar e Aire do Bloqueo do Mediterráneo.
Participou no bombardeo naval de Málaga que provocou uns miles de mortos civís.
Rematado o conflito español Franco nomeouno capitán xeral de Cartagena (Murcia) e, despois, de Ferrol, onde falece no desenvolvemento deste cargo.
Francisco Franco Bahamonde concedeulle o título de I Marqués de Alborán con carácter póstumo, en 1951.
Foi un dos 35 imputados diante da Audiencia Nacional, no sumario instruído por Baltasar Garzón Real, polos delitos de detención ilegal e crimes contra a humanidade cometidos durante a Guerra Civil Española.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.