← Volver atrás

Moreno Fernández, Salvador

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 14/10/1886 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 02/05/1966 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 49 anos. Casado con Rosina Aznar Bárcena de la Concha. Veciños de Ferrol. Mariño da Armada. Ingresou na Escola Naval de San Fernando (Cádiz) en 1903. Irmán do mariño e tamén rebelde Francisco Moreno Fernández. Xefe da Base Naval de Ríos, Vigo (Pontevedra), en 1933 asígnaselle o mando do buque escola Juan Sebastián Elcano. Tamén desenvolveu a Subsecretaría da Mariña.

Golpista.

Cando se produce o golpe dos sublevados achábase en Ferrol, era capitán de fragata e uniuse inmediatamente aos rebeldes do Arsenal, apoderándose do cruceiro lixeiro Almirante Cervera o día 22/07/1936 despois de disuadir á tripulación e ao que subiu acompañado polo capitán de Artillería Vicente Martínez Lorenzo e unha sección da Infantería de Mariña. No barco xa so quedaba un pequeno retén da dotación e, a estes poucos, disuadiunos de seguir mantendo os enfrontamentos. As 07:30 h do día seguinte rendeuse a tripulación do España.

Cando sobe ao Almirante Cervera a maioría da tripulación xa se tiña rendido e abandonado o barco; aínda así, Salvador Moreno mereceu, en 1939, a Cruz Laureada de San Fernando por esta acción militar.

O día 23/07/1936, como capitán de fragata, fíxose ao mar ao mando do Almirante Cervera e tivo gran sona nas operacións marítimas da Fronte Norte, onde acudiu en auxilio dos militares rebeldes acurralados en Xixón (Principado de Asturias), bombardeando a cidade.

Despois pasou a mandar o cruceiro Canarias no Mediterráneo e no Atlántico. Con este barco participou na batalla do cabo Machichaco, onde fixo presos 20 superviventes do bou Nabarra, bou que facía labores de protección na costa vasca. Aos detidos, condenados á pena de morte, indultáronos pola súa valentía a petición de Salvador Moreno e de Manuel Calderón López-Bago, comandante de tiro do Canarias, diante de Franco.

En febreiro de 1937, co Canarias, participa na "Masacre de la carretera Málaga-Almería", La Desbandá, cun bombardeo indiscriminado sobre a poboación civil que fuxía de Málaga, causando entre 3000 e 5000 mortos. Por esta acción "premiárono" co nomeamento como segundo xefe do Estado Maior da Armada.

En agosto e 1939 era ministro de Mariña, cargo que desenvolveu de 1939 a 1945 e de 1951 a 1957; desde este cargo ministerial insistiu no ano 1940 en non participar na II Guerra Mundial.

En 1950 era almirante.

Foi un dos 35 imputados diante da Audiencia Nacional, no sumario instruído por Baltasar Garzón Real, polos delitos de detención ilegal e crimes contra a humanidade cometidos durante a Guerra Civil Española.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.