← Volver atrás

Bernardo, Elisa de

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casou co avogado, mestre nacional e político Victorino Veiga González; tiveron un fillo: Victorino. Veciños da Coruña.

O seu home foi membro da masonería, socio do Casino Republicano e das Irmandades da Fala; ex-director de El Noroeste, vogal da Liga Española para la Defensa de los Derechos del Hombre y del Ciudadano e militante da Agrupación a la Tercera República.

Victorino militou primeiro en Unión Republicana (UR) e logo en Esquerda Republicana (ER); no ano 1936 era deputado pola Coruña polas listaxes da Fronte Popular (FP).

Vítima colateral.

Despois do alzamento acolleron na súa casa de Vilaboa, Santa María de Rutis, Culleredo (A Coruña) a Juana-María-Clara Capdevielle Sanmartín, dona do gobernador civil da Coruña, Francisco Pérez Carballo; Juana morreu finalmente paseada.

Victorino foxe cara Cuba o día 21/09/1936, máis tarde pasou a Francia e despois entrou na España franquista e conseguiu volver á Coruña, onde se ocultou varios anos. Xulgouno en maio de 1941 o Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña co resultado de sentenza a oito anos de inhabilitación e multa de 6000 pesetas. Despois de pasar pola cadea o seu home exerceu como avogado na Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha