← Volver atrás

Berruecos Rojas, Félix

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Xixón
(Principado de Asturias)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Salvador de Serantes, Ferrol
(A Coruña)
- 25/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 25 anos. Veciño de Xixón. Mozo do vapor mercante Udondo.

Afiliado ao Sindicato Nacional do Transporte Marítimo.

Executado.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de traizón á patria, na causa 22/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Morte rexistrada en Serantes por mor de feridas de arma de fogo en aplicación dos bandos de guerra.

Ao Udondo capturouno o día 12/09/1936 o bou artillado Tritón cando viaxaba de Valencia a Xixón cun cargamento de froitas e avituallamentos; levárono a Ribadeo (Lugo). Á tripulación do mercante, 42 persoas, trasladárona a Ferrol e fusilárona ao longo de tres días, de 14 en 14.

Acusáronos de eliminar ao anterior capitán do barco, Rafael Gaztañazatorre, carlista, quen logo apareceu vivo e que desaparecera do barco en Valencia por propia vontade, temendo represalias dos republicanos asturianos.

O auditor do xuízo foi José García-Rendueles Gutiérrez, coronel auditor da Armada, que non tivo reparo en solicitar a pena de morte para toda a tripulación.

O día 25/09/1936 fusilaron no cemiterio de Serantes a 12 tripulantes e a dous pasaxeiros do mercante Udondo: Óscar Blanco García, 35 anos, capitán do vapor; Juan López Campos, 28 anos, 1º oficial; Arturo Caballer Solana, 31 anos, 2º oficial; Luis Maroto Chapa, 29 anos, 3º oficial; Pedro Zabala Arrizubieta, 59 anos, maquinista; Máximo Piñera Piñera, 55 anos, maquinista; Bernabé Caicoya Sánchez, 35 anos, maquinista; Fernando Cuadrado Sancha, 46 anos, radiotelegrafista; Félix Berruecos Rojas, 25 anos, mozo; Fidel Sarriugarte Goicoechea, 27 anos, fogueiro; José-Juan Sendón Seoane, 43 anos, contramestre; Francisco Arruabarrena Albonigamenor, 43 anos, mordomo e os pasaxeiros, militantes da CNT, Santiago Cela López, 29 anos e José Fernández Santiago, 42 anos.

O día 26 de setembro asasinaron no cemiterio de Serantes a 14 tripulantes do Udondo: Antonio Méndez Ardá, 26 anos, mozo; Ramón Fernández Fernández, 29 anos, fogueiro; José Otero Pérez, 25 anos, mariñeiro; Antonio Torres Rodríguez, 28 anos, mariñeiro; José Romay Betanzos, 26 anos, mariñeiro; Fernando Castillo Machazo, 39 anos, marmitón; Carmelo Zorrilla Zabala, 20 anos, camareiro; Ignacio Anasagasti Arruabarrena, 22 anos, cociñeiro; José-Senén Balsa Iglesias, 34 anos, fogueiro; Eugenio Dopazo Calviño, 24 anos, caldeireiro; Juan Ibinarriaga Lopategui, 30 anos, fogueiro; Santiago Gondra Zigorraga, 22 anos, marmitón; Saturnino Gancedo San Ciprián, 34 anos, camareiro e Valentín Ces Queiro, 24 anos, mariñeiro.

O día 27 de setembro, tamén no cemiterio de Serantes, executaron a 14 tripulantes deste mercante: Ricardo Fornés Chust, 33 anos, paleiro; Valentín Betanzos Pérez, 27 anos, mariñeiro; José González Romay, 30 anos, mariñeiro; Constante Couselo Casás, 26 anos, fogueiro; Manuel Izaguirre Lijarregui, 32 anos, engraxador; Teófilo Zorroza Guezurraga, 21 anos, paleiro; Ángel Loroño Echandía, 25 anos, maquinista; Santiago Celaya Aguirre, 25 anos, fogueiro; Leandro Uriarte Echandía, 24 anos, fogueiro; Máximo Madariaga Macuadra, 21 anos, fogueiro; Manuel Figueras Braña, 23 anos, paleiro; Emilio Pardo Otero, 44 anos, mariñeiro; Antonio Rodríguez Casais, 27 anos, fogueiro e Cristino Fernández Valdés, 43 anos, paleiro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.