← Volver atrás

González Romay, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Ribeira
(A Coruña)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Salvador de Serantes, Ferrol
(A Coruña)
- 27/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 30 anos. Veciño de San Pedro de Palmeira, Ribeira. Mariñeiro do vapor mercante Udondo.

Executado.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de traizón á patria, na causa 22/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Morte rexistrada en Ferrol por mor de feridas de arma de fogo en aplicación dos bandos de guerra.

Ao Udondo capturouno o día 12/09/1936 o bou artillado Tritón cando viaxaba de Valencia a Xixón (Principado de Asturias) cun cargamento de froitas e avituallamentos e levárono a Ribadeo (Lugo). Á tripulación do mercante, 42 persoas, trasladárona a Ferrol e fusilárona ao longo de tres días, de 14 en 14. Acusáronos de eliminar ao anterior capitán do barco, Rafael Gaztañazatorre, carlista, quen logo apareceu vivo e que desaparecera do barco en Valencia por propia vontade, temendo represalias dos republicanos asturianos.

O auditor xuízo foi José García-Rendueles Gutiérrez, coronel auditor da Armada, que non tivo reparo en solicitar a pena de morte para toda a tripulación.

O día 25/09/1936 fusilaron no cemiterio de Serantes a 12 tripulantes e a dous pasaxeiros do mercante Udondo: Óscar Blanco García, 35 anos, capitán do vapor; Juan López Campos, 28 anos, 1º oficial; Arturo Caballer Solana, 31 anos, 2º oficial; Luis Maroto Chapa, 29 anos, 3º oficial; Pedro Zabala Arrizubieta, 59 anos, maquinista; Máximo Piñera Piñera, 55 anos, maquinista; Bernabé Caicoya Sánchez, 35 anos, maquinista; Fernando Cuadrado Sancha, 46 anos, radiotelegrafista; Félix Berruecos Rojas, 25 anos, mozo; Fidel Sarriugarte Goicoechea, 27 anos, fogueiro; José-Juan Sendón Seoane, 43 anos, contramestre; Francisco Arruabarrena Albonigamenor, 43 anos, mordomo e os pasaxeiros, militantes da CNT, Santiago Cela López, 29 anos e José Fernández Santiago, 42 anos.

O día 26 de setembro executaron no mesmo cemiterio a 14 tripulantes deste mercante: Antonio Méndez Ardá, 26 anos, mozo; Ramón Fernández Fernández, 29 anos, fogueiro; José Otero Pérez, 25 anos, mariñeiro; Antonio Torres Rodríguez, 28 anos, mariñeiro; José Romay Betanzos, 26 anos, mariñeiro; Fernando Castillo Machazo, 39 anos, marmitón; Carmelo Zorrilla Zabala, 20 anos, camareiro; Ignacio Anasagasti Arruabarrena, 22 anos, cociñeiro; José-Senén Balsa Iglesias, 34 anos, fogueiro; Eugenio Dopazo Calviño, 24 anos, caldeireiro; Juan Ibinarriaga Lopategui, 30 anos, fogueiro; Santiago Gondra Zigorraga, 22 anos, marmitón; Saturnino Gancedo San Ciprián, 34 anos, camareiro e Valentín Ces Queiro, 24 anos, mariñeiro.

O día 27 de setembro pasaron polas armas no dito cemiterio a outros 14 tripulantes do Udondo: Ricardo Fornés Chust, 33 anos, paleiro; Valentín Betanzos Pérez, 27 anos, mariñeiro; José González Romay, 30 anos, mariñeiro; Constante Couselo Casás, 26 anos, fogueiro; Manuel Izaguirre Lijarregui, 32 anos, engraxador; Teófilo Zorroza Guezurraga, 21 anos, paleiro; Ángel Loroño Echandía, 25 anos, maquinista; Santiago Celaya Aguirre, 25 anos, fogueiro; Leandro Uriarte Echandía, 24 anos, fogueiro; Máximo Madariaga Macuadra, 21 anos, fogueiro; Manuel Figueras Braña, 23 anos, paleiro; Emilio Pardo Otero, 44 anos, mariñeiro; Antonio Rodríguez Casais, 27 anos, fogueiro e Cristino Fernández Valdés, 43 anos, paleiro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.