← Volver atrás

Blanco Cao, Ubaldo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

O Sagrado Corazón de Xesús de Freixido, Petín
(Ourense)
- 01/01/1886 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Freixido
- 01/01/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Serrador, 50 anos. Casado con Gloria Blanco Diéguez, torturada, encarcerada e exiliada. Pai de Gloria Blanco Blanco, tamén encarcerada e exiliada. A primeiros do século XX, con 15 anos, emigrou a Cuba. Cando volveu da emigración montou un serradoiro.

Fuxido. Encarcerado.

Defensor da República.

Despois do golpe militar perseguírono e fuxiu ao monte.

Prendérono e o 21/12/1936, ingresárono no cárcere do Barco de Valdeorras (Ourense), onde permanece ata o día 22/03/1937.

Avisado de que o querían pasear, marchou para A Coruña, onde viviu un ano e medio, despois volveu á súa casa.

Deulle unha embolia e, xa enfermo, na súa casa acolléronse moitos membros da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG) e, máis tarde, do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG); a súa familia serviu de enlace para os fuxidos. Entre os acollidos estivo Odilo Fernández Rodríguez, Blas, que remataría por casar coa súa filla Gloria.

Debido á súa enfermidade cardíaca finou no ano 1949.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha