Nacemento:
Morte:
Litógrafo, 33 anos. Veciño de Xixón (Principado de Asturias).
Anarcosindicalista, militante da CNT e secretario xeral do Sindicato das Artes Gráficas asturiano.
Participou na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934. Marchou a Zaragoza e volveu a Xixón no ano 1936.
Executado.
Evacuado de Xixón na tarde-noite do 20 de outubro, despois da caída da Fronte Norte. Trataron de escapar das represalias, nuns 60 barcos, unhas 12.000 persoas entre milicianos e civís. Ao barco de Mariano, o Llodio, interceptouno a frota rebelde. Prendérono e desembarcárono en Cedeira (A Coruña).
Xulgárono co campo de concentración de Camposancos, A Guarda (Pontevedra), e xullo de 1936, co resultado de sentenza á pena de morte.
Morte rexistrada na Prisión Central de Celanova por mor de fusilamento ordenado polo Xulgado Eventual da Bandeira de Falanxe de Marrocos.
Un pelotón da Bandeira de Falanxe fusilou na mañá dese día a sete persoas nas tapias do cemiterio de Celanova: Belarmino Álvarez García, mineiro; Mariano Blanco González, litógrafo; Guillermo de Diego Álvarez, Chofer; Marcelino Fernández García, mecánico; Alfonso Moreno Gayol, chofer; Abelardo-Félix Suárez del Busto, albanel, e Baldomero Vigil-Escalera Vallejo, pintor.
Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de San Breixo de Celanova.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.