← Volver atrás

Moreno Gayol, Alfonso

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Executado

Nacemento:

Salamanca
- 23/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Celanova
(Ourense)
- 22/09/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Chofer e mecánico, 24 anos. Casado con Marina García Gallegos; tiñan un fillo. Veciños de Xixón (Principado de Asturias). Chofer dun taxi.

Encarcerado. Executado.

Participou na resistencia fronte aos golpistas en Xixón, loitou cos republicanos na guerra civil na sección de camións blindados ata a caída da Fronte Norte.

Prendérono os golpistas o día 21/10/1937 cando trataba de fuxir no vapor Gaviota.

Enviárono ao campo de concentración de Camposancos, A Guarda (Pontevedra), onde o someteron a consello de guerra, na causa 5947/38, co resultado de sentenza á pena de morte.

Interno na Prisión Central de Celanova desde o día 25/01/1939 e onde o executaron por orde do Xulgado Eventual da Bandeira de Falanxe de Marrocos, ás 07:00 h, contra os muros do mosteiro de San Salvador de Celanova, que se habilitara como prisión.

Un pelotón da Bandeira de Falanxe de Marrocos, ao mando do coronel Joaquín Ríos Capapé, fusilou ese día a sete persoas nas tapias do cemiterio de Celanova: Belarmino Álvarez García, mineiro; Mariano Blanco González, litógrafo; Guillermo de Diego Álvarez, chofer; Marcelino Fernández García, mecánico; Alfonso Moreno Gayol, chofer; Abelardo-Félix Suárez del Busto, albanel, e Baldomero Vigil-Escalera Vallejo, pintor.

Morte rexistrada en Celanova por mor de hemorraxia interna e externa producida por arma de fogo.

Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Celanova.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha