← Volver atrás

Ríos Capapé, Joaquín

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Figueras
(Xirona)
- 02/07/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 20/06/1963 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 38 anos. Casado con Elena Alegret Subiran; tiveron un fillo: Joaquín. No ano 1912 ingresa na Academia de Infantería de Toledo. Participou na Guerra de Marrocos cunha destacada actuación. Pertenceu ao grupo de militares africanistas. Ascendérono a comandante en 1925 por méritos de guerra e foi axudante de José Millán-Astray Terreros.

No mes de xullo de 1936 destinárono como comandante ao Protectorado de Marrocos, ao mando do III Tabor de Alhucemas do Grupo de Regulares.

Golpista.

Implicado na conspiración militar, xa o día 16 de xullo de 1936 captura coas tropas ao seu mando Villa Sanjurjo e, ao día seguinte, pasa a Melilla para incorporarse a esta guarnición xa sublevada. Sería o primeiro movemento golpista previo ao que provocou a guerra civil.

Despois participou no avance franquista sobre Madrid e quedou ao mando do sector da Cidade Universitaria de Madrid.

Na primavera de 1937 mandaba, xa como coronel, a 18ª División do II Corpo de Exército do Exército do Centro. Sería dos primeiros sublevados en entrar en Madrid o día 28 de marzo de 1939, cousa que Francisco Franco Bahamonde nunca lle perdoou.

Despois da vitoria fascista pasou o verán de 1939 a Galicia como coronel ao mando da Bandeira de Falanxe de Marrocos, unha unidade paramilitar formada por falanxistas, ex-lexionarios e mercenarios africanos. Esta unidade celebrou a vitoria sementando o terror e asasinando a ducias de persoas durante a súa estancia “vacacional” en terras galegas.

Ascendérono a xeneral de división no ano 1943 e, logo, a tenente xeneral e foi capitán xeral de varias rexións militares. Ocupouse máis de medrar que de exercer.

Era xogador, mullereiro e contrabandista (segundo as memorias do xeneral Rafael Latorre Roca).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha