← Volver atrás

Blanco-Rajoy Espada, Benito

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Colaboracionista

Nacemento:

A Coruña
- 12/04/1891 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 29/09/1968 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, funcionario e político, 45 anos. Licenciouse en Dereito en 1911 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). En 1913 xa pertencía ao Corpo de Avogados do Estado por oposición. En 1921 era director xeral de Rexistros e do Notariado.

No ano 1919 era deputado polo Partido Conservador de Eduardo Dato; reelixido en 1920 e 1923.

Durante a II República continuou coa súa actividade política; deputado independente en 1931 e, despois, militando xa na Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA), tamén foi deputado en 1933 e en 1936. Nas eleccións do 16/02/1936 ocupou o terceiro lugar no número de votos obtidos na provincia da Coruña, por detrás de Emilio González López (FP), Luis Cornide Quiroga (independente) e por diante de Leandro Pita Romero, do centro.

Colaboracionista.

Adheriuse aos golpistas de forma discreta e asi seguiría a dirixir o Colexio de Avogados coruñés.

Decano do Colexio de Avogados da Coruña de 1930 a 1959, onde emitiu informes para a depuración ideolóxica de avogados non afectos ao Réxime.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha