← Volver atrás

Cornide Quiroga, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado

Nacemento:

Monforte de Lemos
(Lugo)
- 01/01/1884 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 06/11/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, político, académico, empresario e político, 52 anos. Casou en abril de 1936 con Fe Brage Vázquez, muller separada do seu primeiro matrimonio Veciños de Madrid. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Primeiro presidente do Real Club Deportivo da Coruña do ano 1906 ao 1908. Exerceu a avogacía na Coruña e accedeu ao corpo de secretarios xudiciais. Secretario no ano 1934 do Tribunal Supremo en Madrid. Destacado empresario do sector eléctrico, presidente da sociedade Fábricas Coruñesas de Gas y Electricidad e conselleiro da Sociedad General Gallega de Electricidad.

Colaborou con La Voz de Galicia.

Membro da Real Academia Galega (RAG).

Deputado nas Cortes nas constituíntes de 1931 pola Coruña dentro pola Agrupación Social Republicana (ASR), partido integrado a primeiros de 1932 na Unión Rexional de Dereitas (URD) e que formou parte da española Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA). Nas eleccións do día 16/02/1936, elixírono de novo deputado como independente, obtendo a segunda posición, detrás de Emilio González López, da Fronte Popular (FP); Luis obtivo un total de 25.313 votos.

Encarcerado. Depurado.

Depurado da súa praza de secretario xudicial en Madrid polas autoridades republicanas.

De Madrid marchou a Francia, cun salvoconduto de Indalecio Prieto Tuero, e volveu en xullo de 1938 a Galicia, onde o prenderon e xulgaron os rebeldes.

Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 12/08/1938 polo delito de rebelión, na causa 840/37, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.

Pasou un ano na cadea de El Dueso, Santoña (Cantabria).

Os franquistas mantiveron a súa depuración como secretario xudicial.

Procesárono por responsabilidades políticas en Madrid e indultárono no ano 1957.

Rehabilitárono cando pasaba dos sesenta anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha