Nacemento:
Morte:
Comerciante e político, 51 anos. Casado con Concepción Corral Sequeiros; tiveron cinco fillas e dous fillos: Concha, Julia, Enriqueta, Enrique, Teresa. Ana-María e Julio. Fillo de Primitivo Blein Costas (+1900), quen fora alcalde de Vigo. Era propietario dun almacén de ferretería na Porta do Sol, en Vigo, do que se fixo cargo en 1918.
Concelleiro de Vigo no ano 1923. Cando se implanta a II República foi o primeiro alcalde republicano de Vigo ata outubro de 1931 e con 32 dos 37 votos posibles; destituíuno o gobernador civil por desencontros con el. Anos despois, en xaneiro de 1936, era presidente da Agrupación Local de Esquerda Republicana (ER) en Vigo e repuxérono como concelleiro e 1º tenente de alcalde en febreiro de 1936. Vicepresidente da comisión xestora da Deputación de Pontevedra desde o día 19/03/1936.
Fuxido. Encarcerado. Morte na cadea.
Agochado coa súa dona en San Salvador de Coruxo, Vigo, na casa de Segundo Echegaray García, e en San Xosé de Chandebrito, Nigrán (Pontevedra).
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Vigo polo delito de rebelión, na causa 638/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Prendérono a Garda Civil do posto de Nigrán e os carabineiros a primeiros de agosto de 1936, retivérono primeiro en Santa Cristina da Ramallosa, Baiona (Pontevedra) e trasladárono ao cárcere de Vigo.
Xulgado en consello de guerra en Vigo co resultado de sentenza á pena de morte.
Enrique acaba morrendo de cancro de estómago no Hospital Municipal de Vigo, onde ingresara o día 30/10/1936, procedente do cárcere. Alí finou consolado pola súa familia.
Á súa dona tamén a encarceraron.
Despois de morto sancionárono e a súa familia tivo que facer fronte a unha multa de 50.000 pesetas para evitar o embargo da ferretería da que eran propietarios.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.