← Volver atrás

Echegaray García, Segundo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 05/12/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa Mariña de Cabral, Vigo
(Pontevedra)
- 15/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Perito industrial, propietario e comerciante, 36 anos. Veciño de Vigo. O seu pai era o propietario da Illa de Toralla, na ría de Vigo.

Mantíñase afastado da política.

Semella que era masón ou tiña amigos masóns na loxa Vicus nº 8, coma o seu pai.

Paseado.

Cando se produce o triunfo da sublevación dos militares rebeldes agochou a Enrique Blein Budiño, ex-alcalde e amigo da familia.

A Segundo prendérono e asasinárono os falanxistas en Cabral.

Nesta acción asasinaron a: Marcial Araujo Conde, xornaleiro; Eugenio-Tomás Arbones Castellanzuelo, médico; Luis Bilbatúa Zubeldía, telegrafista; Segundo Echegaray García, comerciante; Adolfo Morgade Pazos, médico; Abraham Muñoz Arconada, funcionario, e Inocencio Taboada Montoto, industrial.

Morte rexistrada en Vigo por mor de lesión bulbar por disparo de arma de fogo.

Os cadáveres apareceron na curva de Puxeiros, na estrada Vigo-Ourense.

A súa familia exiliouse na República Arxentina e trasladaron os seus restos a Bos Aires.

Sometérono a un proceso no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha