Nacemento:
Morte:
Empresario, 50 anos. Veciño de Vigo. Exportador de peixe en Vigo. Irmán de Luis Taboada Montoto, encarcerado.
Amigo persoal de Santiago Casares Quiroga, militou na Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e elixírono vogal do Comité Executivo do Partido Republicano Galego (PRG) no ano 1933.
Executado.
A Inocencio ingresárono o día 15/09/1936 no frontón da rúa María Berdiales, en Vigo, e asasinárono os falanxistas en Cabral.
Morte rexistrada en Vigo por mor de destrución da masa encefálica por proxectil de arma de fogo.
Nesta acción asasinaron a: Marcial Araujo Conde, xornaleiro; Eugenio-Tomás Arbones Castellanzuelo, médico; Luis Bilbatúa Zubeldía, telegrafista; Segundo Echegaray García, comerciante; Adolfo Morgade Pazos, médico; Abraham Muñoz Arconada, funcionario, e Inocencio Taboada Montoto, industrial.
Os cadáveres apareceron na curva de Puxeiros, na estrada Vigo-Ourense.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.