Nacemento:
Morte:
Médico tocólogo e político, 54 anos. Veciño de Vigo (Pontevedra). Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC), rematando no ano 1909. Médico municipal do Concello de Vigo.
Director do Ateneo de Vigo.
Militante socialista. Vicepresidente do PSOE de 1923 a 1930. Deputado nacional por Pontevedra nas eleccións as Cortes Constituíntes de 1931, pola Conxunción Republicana Socialista Agraria (CRSA). No ano 1933 non o elixiron. Retirouse da política varios anos antes do golpe dos rebeldes.
Colaborou cos xornais El Tea desde 1908 e Faro de Vigo.
Encarcerado. Paseado.
Cando se produce o golpe de Estado dos militares non participou nos combates de Vigo (Pontevedra) contra os rebeldes, prestando servizos no Hospital Municipal, onde era do cadro de persoal. Prendérono os militares rebeldes.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra) pola denuncia dun médico rival e asasinado o 15 de setembro polo crime de asistir a persoas feridas polos rebeldes. Sacárono da cadea e executárono na estrada Vigo-Ourense, preto do cemiterio de Cabral. O médico que o delatou paseouse co coche de Arbones polas rúas de Vigo ao longo de varios meses.
Nesta acción asasinaron a: Marcial Araujo Conde, xornaleiro; Eugenio-Tomás Arbones Castellanzuelo, médico; Luis Bilbatúa Zubeldía, telegrafista; Segundo Echegaray García, comerciante; Adolfo Morgade Pazos, médico; Abraham Muñoz Arconada, funcionario, e Inocencio Taboada Montoto, industrial.
Os cadáveres apareceron na curva de Puxeiros.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.