← Volver atrás

Botana Sieiro, María

Perfil histórico: Sen participación directa

Datos persoais

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada co escritor e historiador Armando Cotarelo Valledor. Veciños de Santiago de Compostela.

O seu home era membro das Irmandades da Fala en 1916, pertenceu ao grupo que fundou o Seminario de Estudos Galegos (SEG), membro da Real Academia Galega (RAG) desde 1920, da Real Academia Española (RAE) desde 1929 e da Real Academia de Historia (RAH) nos anos corenta.

Armando participou, o día 25/09/1930, no Pacto de Barrantes, que tivo lugar neste pazo de Ribadumia (Pontevedra) entre varias figuras do galeguismo e que propiciara o centrista Manuel Portela Valladares para combater as posicións gañadas por Santiago Casares Quiroga no Pacto de Lestrobe dentro do republicanismo galego. Ambos pactos preludiaban o triunfo da República en Galicia. En Barrantes defendeuse a autonomía, o anticaciquismo, a cooficialidade do idioma e o poder gobernamental desenvolvido polo pobo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha