← Volver atrás

Brañas Rodríguez, Andrés

Alcume: Carrizo
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 25/12/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e político, 24 anos. Casado coa peixeira Andrea Rodríguez Piñón, procesada por complicidade con fuxidos e posta en liberdade. Veciños de San Cosme de Piñeiro, Cedeira.

Militante do PCE.

Fuxido. Executado.

Fuxiu en barco nos primeiros días do golpe militar sedicioso.

Declarado en rebeldía en varias causas militares.

Formou nun grupo de fuxidos na zona da Capelada, entre Cerdido e Cariño.

Neste grupo estaban: José Rey Díaz, Torradas, morto en marzo de 1938; Nicasio Pérez Senra e José López Teijeiro, abatidos tamén en marzo de 1938; Manuel Orjales Bouza, Labrada, e Andrés Brañas Rodríguez, Carrizo, detidos en decembro de 1938 e condenados á pena de morte, e Manuel Santalla Orjales, detido en marzo de 1939. A súa única pretensión era a supervivencia.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar e roubo a man armada, na causa 887/38, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Andrés Brañas Rodríguez e Manuel Orjales Bouza.

Executado con Manuel Orjales Bouza, Labrada. Fusiláronos no Castelo de San Felipe, en Ferrol.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha