Nacemento:
Morte:
Xornaleiro, 30 anos. Veciño de Labarada, Cerdido. Traballador da industria naval.
Executado.
Formou nun grupo de fuxidos na zona da Capelada, entre Cerdido e Cariño.
Neste grupo estaban: José Rey Díaz, Torradas, morto en marzo de 1938; Nicasio Pérez Senra e José López Teijeiro, abatidos tamén en marzo de 1938; Manuel Orjales Bouza, Labrada, e Andrés Brañas Rodríguez, Carrizo, detidos en decembro de 1938 e condenados á pena de morte, e Manuel Santalla Orjales, detido en marzo de 1939. A súa única pretensión era a supervivencia.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar e roubo a man armada, na causa 23/37, co resultado de sentenza á pena de morte.
No sinalado procedemento condenaron á pena de morte a: Manuel Orjales Bouza e Manuel Santalla Orjales; pasearon a José Ambrós Gordillo; declararon fuxido a José Rey Díaz e ditaron sentenza de sobresemento para Manuel Rey Díaz.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol, na causa 432/38, por roubo e asasinato de tres homes.
Neste procedemento tamén condenaron a Manuel Santalla Orjales.
Detivérono con Andrés Brañas, Carrizo, o 03/12/1938 en Cerdido.
Xulgado no Cuartel de Zapadores en Ferrol o día 11/12/1938 polo delito de rebelión militar, na causa 887/3, co resultado de sentenza á pena de morte o seguinte día 21.
No dito xuízo tamén condenaron á pena de morte a Andrés Brañas Rodríguez.
Fusilado ás 17:00 h no Castelo de San Felipe, en Ferrol.
Soterráronos no cemiterio de San Salvador de Serantes, en Ferrol.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.