Nacemento:
Morte:
Avogado, xornalista e político, 59 anos. Casou en 1906 en Ferrol con María-Asunción Iribarnegaray Arechaga. Veciños de Valdoviño (A Coruña). Irmán de Guillermo de Cal Fernández, paseado. Fiscal de Ferrol en 1913. Subdirector da Prisión Provincial da Coruña.
Presidente do Comité Romanonista ferrolán en 1915. Na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja foi tenente de alcalde de Ferrol. Na II República elixírono concelleiro e alcalde de Valdoviño nas corporacións de 1931 e 1932 pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA); alcalde de 1931 a 1934. Elixido concelleiro e nomeado síndico na corporación de 1935 como independente. Presidente de Unión Republicana (UR) en Ferrol.
Colaborou cos xornais Diario Ferrolano, Estudios Gallegos, El Noroeste e Acción Coruñesa; dirixiu El Correo Gallego en 1913. Director do semanario Renovación en 1936.
Executado.
Despois do alzamento sedicioso prendérono.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de indución á rebelión (causa contra os directores e persoal do semanario Renovación), con José-Ricardo Eiroa Mosquera, co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilado na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol xunto con José-Ricardo Eiroa Mosquera.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.