← Volver atrás

Canto López, Feliciano

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Sancionado

Nacemento:

Lugo
(Lugo)
- 01/01/1884 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
(Lugo)
- 17/06/1964 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Perito agrícola e político, 52 anos. Veciño de Lugo. Estudou o bacharalato e a peritaxe agrícola na capital luguesa.

No ano 1927 era presidente da Asociaicón de Peritos Agrícolas da provincia de Lugo, cargo que revalidou no ano 1932. Secretario da Liga de Amigos de Lugo.

Na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja nomeárono concelleiro lugués no ano 1927.

Militante de Esquerda Republicana (ER) na súa cidade de residencia.

Dirixiu a revista Galicia Agrícola e colaborou con El Progreso, Vanguardia Gallega, El Pueblo Gallego, Vida Gallega, Voz y Voto e nas Hojas Divulgadoras do Ministerio de Agricultura.

Depurado. Sancionado.

Despois do golpe de Estado os golpistas separárono do servizo e dérono de baixa na súa escala en xaneiro de 1937.

Abríronlle tamén un expediente por responsabilidades políticas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha