← Volver atrás

Carballo Otero, Antonia

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Guitiriz
(Lugo)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Modista, 34 anos. Casada co ferroviario, sindicalista e político Miguel Chapel Salgueiro; tiñan dous fillos. Veciños da Chanca, Lugo (Lugo).

O seu home era fogueiro da Compañía de los Caminos de Hierro del Norte e vogal do Sindicato Ferroviario no ano 1929, vencellado á UXT. No ano 1930 Miguel participa na reorganización da Agrupación Socialista (AS) de Monforte de Lemos, representándoa no Congreso do PSOE de 1932 e na que traballou como contador en 1934; tamén foi fundador das Xuventudes Socialistas (XXSS) no ano 1933 e presidente da súa Agrupación Local.

Chapel Salgueiro presentouse como candidato polo PSOE para as eleccións de 1936, sen obter acta, e despois do triunfo da Fronte Popular (FP), sería tenente de alcalde e síndico do Concello de Monforte de Lemos. Tamén presidiu o Comité Local pro Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Encarcerada.

Despois do golpe de Estado o seu home exiliouse en Francia, de onde era natural o seu pai.

Detida polos franquistas pola fuxida do seu home e por auxilio a fuxidos.

Ingresada na Prisión Provincial de Lugo o día 23/04/1939.

Puxérona en liberdade o día 15/04/1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha