Nacemento:
Morte:
Ferroviario, sindicalista e político, 33 anos. Casou con Antonia Carballo Otero. Fillo dun cidadán francés residente en Monforte de Lemos (Lugo). Ingresa na Compañía de los Caminos de Hierro del Norte como fogueiro en decembro de 1918.
Vogal do Sindicato Nacional Ferroviario no ano 1929, vencellado á UXT. En 1930 participa na reorganización da Agrupación Socialista (AS) de Monforte de Lemos, representándoa no Congreso do PSOE de 1932 e da que desenvolveu o cargo de contador en 1934. Fundador das Xuventudes Socialistas (XXSS) no ano 1933 e presidente da súa Agrupación Local en Monforte de Lemos. Candidato polo PSOE para as eleccións de 1936, sen obter acta; despois do triunfo da Fronte Popular (FP) exerceu de tenente de alcalde e síndico do Concello de Monforte de Lemos. Tamén presidiu o Comité Local pro-Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).
Na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 prendérono en relación co achado dun depósito de bombas.
Fuxido. Exiliado. Sancionado.
No momento de producirse o golpe faccioso participou na formación das milicias que partiron de Monforte de Lemos cara Lugo na defensa da República.
Durante a guerra civil foi xurado suplente do Xurado Mixto do Consello Obreiro Ferroviario da 6ª zona, en Reinosa (Cantabria).
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 601/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 20/02/1937. No dito proceso xulgaron a varios veciños de Monforte de Lemos.
Condenaron á pena de morte a Víctor Martínez Rodríguez; cadea perpetua para Isidoro Ferreiro Neira. A sentenza declarou fuxidos a: Miguel Chapel Salgueiro e Juan Tizón Herreros.
Despois foxe da súa localidade e pasa a Portugal con Juan Tizón Herreros (alcalde de Monforte de Lemos), onde se refuxiaron en casas de amigos en Porto, entre eles na de Mario Soares. De Portugal pasou a Xibraltar, de alí a Inglaterra e despois a Francia, de onde era o seu pai. En Francia atopábase cando a invasión nazi, na II Guerra Mundial.
No ano 1940 abríronlle un expediente por responsabilidades políticas e sancionárono a oito anos de inhabilitación especial, a tres anos e un día de desterro a máis de 100 quilómetros de Monforte de Lemos e ao pago de 250 pesetas de multa.
Despois da liberación de Francia da invasión alemá, estableceuse en Aulnay-sous-Bois, preto de Paris, onde se rexistra a súa morte.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.