← Volver atrás

Tizón Herreros, Juan

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

A Coruña
- 23/01/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Porto
(Portugal)
- 25/12/1945 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Ferroviario, escritor e político, 41 anos. Casado. Veciño de Monforte de Lemos (Lugo), a onde se trasladou desde A Coruña por motivos laborais. Traballaba no ferrocarril.

Dirixente da Agrupación Socialista (AS) da Coruña. Secretario local en Monforte de Lemos do Sindicato Nacional Ferroviario, vencellado á UXT. Deputado nacional pola provincia de Lugo, nas listaxes do PSOE, nas eleccións de 1931; por irregularidades no proceso electoral nesta provincia, repetíronse as eleccións e perdeu a súa acta. Vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo e presidente da primeira xestora republicana de Monforte de Lemos en abril de 1931. Alcalde de Monforte de Lemos polo PSOE, dentro da coalición da Fronte Popular (FP), do día 18/03/1936 ao día 20/07/1936. Compromisario para a elección do presidente da República en abril de 1936, Manuel Azaña Díaz.

Pertenceu ao Comité Revolucionario de Monforte de Lemos e prendérono polos sucesos da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, condenárono a seis anos de cadea, ata que o amnistiaron despois do triunfo da Fronte Popular (FP), en febreiro de 1936.

Fuxido. Exiliado.

Cando se produce o alzamento golpista tentou organizar a resistencia local diante do movemento rebelde e formou unha milicia local para enviar á capital provincial, tamén ordenou a requisa de armas.

Foxe da súa localidade e pasa a Portugal con Miguel Chapel Salgueiro, onde se refuxiaron en casas de amigos en Porto, entre eles na de Mario Soares. No exilio viviu baixo o nome de Luis Ferreira.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 601/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 20/02/1937. Neste proceso xulgaron a varios veciños de Monforte de Lemos.

Condenaron á pena de morte no dito procedemento a Víctor Martínez Rodríguez; cadea perpetua para Isidoro Ferreiro Neira. A sentenza declarou fuxidos a Miguel Chapel Salgueiro e a Juan Tizón Herreros.

En Monforte de Lemos pensouse que o pasearan.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.