Nacemento:
Morte:
Avogado e político, 27 anos. Casado. Veciño de Monforte de Lemos (Lugo). Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1931. Rematada a carreira estableceuse en Monforte de Lemos como avogado.
Secretario xeral da Federación Universitaria Escolar (FUE) mentres estudou. Militou na Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA). No ano 1935 era presidente de Esquerda Republicana (ER) en Monforte de Lemos; concelleiro e tenente de alcalde monfortino pola coalición da Fronte Popular (FP) en marzo de 1936, cargo do que dimitiu ao pouco por diferenzas co alcalde socialista Juan Tizón Herreros.
Executado.
Prendérono os golpistas e internárono no cárcere de Monforte de Lemos o día 03/08/1936.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar e sedición, na causa 601/36, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 20/02/1937. No dito proceso xulgaron a varios veciños de Monforte de Lemos.
Condenaron á pena de morte a Víctor Martínez Rodríguez; cadea perpetua para Isidoro Ferreiro Neira. A sentenza declarou fuxidos a: Miguel Chapel Salgueiro e Juan Tizón Herreros.
Pasou tamén polas prisións da Coruña e de Lugo.
Morte rexistrada en Lugo por fusilamento.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.