Nacemento:
Morte:
Propietario e político, 38 anos. Cando contaba 19 anos, en 1917, casou con Robustiana Barreiro, de 17 anos; tiveron cinco fillos. Veciños de Valga. Era dunha familia con fortuna, que o seu pai fixera na emigración en Cuba.
No ano 1908 fundou, co seu pai Francisco Carbia Fariña (+1933), o Sindicato Labrego de Santa Comba de Cordeiro, Valga, e impulsou o cooperativismo. Despois do golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera Orbaneja foi concelleiro de Valga desde o día 09/03/1924, cargo no que acompañou ao seu pai; dimitiron ao ano seguinte.
Tras das eleccións de 1931 volveu ao goberno municipal e asumiu a alcaldía cando renunciou, por problemas de saúde, Máximo Mosquera; permaneceu no cargo ata 1933. Xa como presidnete de Esquerda Republicana (ER) de Valga repuxérono na alcaldía nas eleccións de febreiro de 1936, formando na coalición da Fronte Popular (FP).
Executado.
Despois do golpe de Estado prendérono os rebeldes o día 24/07/1936, levárono á Escola Normal de Pontevedra e ingresárono, co tempo, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilárono os franquistas en Pontevedra.
Morte rexistrada en Pontevedra a causa de hemorraxia interna.
Soterrárono no cemiterio de San Amaro de Pontevedra.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.