← Volver atrás

Carré Naya, Eugenio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Barrio de Elviña, A Coruña
- 28/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, 20 anos. Veciño da rúa San Roque, 20-1º, na Coruña. Fillo do escritor Eugenio Carré Alvarellos e sobriño de Leandro Carré Alvarellos, encarcerado. Profesor da Escola de Comercio.

En marzo de 1935 creou a asociación estudantil Unión de Estudiantes Antifascistas da Coruña. Militante do Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM) e afiliado e secretario da Federación de Traballadores da Ensinanza, da UXT (FETE-UXT). Participou en mitins e conferencias, disertando contra o fascismo, contra as escolas católicas e a separación por sexos na escola, contra a imposición da pena de morte, sobre a preparación dunha ofensiva contra o proletariado, contra da guerra, contra a persecución de sectores da prensa, contra a Sociedade de Nacións, que dicía que manexaba Inglaterra, sobre a unión do proletariado. Tamén foi militante das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) na Coruña.

O seu sector era a ensinanza e nunha conferencia do día 04/07/1936 afirmou “los métodos actuales hay que reformarlos con el fin de que puedan ser instruídos todos los españoles por igual y sin privilegios para nadie”.

Paseado.

Prendérono os franquistas despois do movemento sedicioso de xullo de 1936.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de agresión á forza armada na causa 669/36.

Neste xuízo procesaron a Eugenio Carré Naya, José López Blanco, Ramón Mato Puga e José Rosende Calvo.

Eugenio figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía, con outros, “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.

Tamén figura, con outros, nun segundo informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce

Morte rexistrada na Coruña a causa de hemorraxia interna. Asasinado por forzas da Garda Civil cando se producía un rexistro nunha chabola no Castro de Elviña

O seu cadáver apareceu en Elviña.

Soterrárono o día 28 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con José López Blanco, Ramón Mato Puga, José Rosende Calvo e outros tres home sen identificar. Permitiron o seu traslado a un nicho en setembro de 1936.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.