Nacemento:
Morte:
Camareiro, 23 anos. Veciño da rúa Estrada da Torre, letras M-R baixo, na Coruña. Fillo de Josefa Calvo Cortés, procesada en 1937, e do anarquista Enrique Rosende Huerta. Irmán de Enrique Rosende Calvo, encarcerado.
Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal. Afiliado ao Sindicato de Camareiros da Coruña, da CNT.
Procesado polo intento de incendio do Convento-Residencia dos PP Redentoristas, na rúa Marqués de Amboage, na Coruña.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Foxe á zona de Elviña, na Coruña, con outros compañeiros cando se produce o golpe militar; entre eles estaba Eugenio Carré Naya.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña na causa 669/36 por agresión á forza armada.
Morte a causa dunha hemorraxia interna rexistrada no Monte Galán, barrio de Elviña, na Coruña, nun enfrontamento coa Garda Civil cando se refuxiaba nunha chabola. Finaron catro das persoas fuxidas.
Soterrárono o día 28 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Eugenio Carré Naya, José López Blanco, Ramón Mato Puga e outros tres home sen identificar.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de agresión á forza armada, na causa 669/36.
Neste xuízo procesaron a Eugenio Carré Naya, José López Blanco, Ramón Mato Puga e José Rosende Calvo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.