← Volver atrás

Rosende Calvo, Enrique

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Camareiro, 26 anos. Solteiro. Veciño da rúa Papagaio, 18, na Coruña. Fillo da pescantina Josefa Calvo Cortés e do anarquista Enrique Rosende Huerta. Ao seu irmán José Rosende Calvo asasinouno a Garda Civil no barrio de Elviña, na Coruña, o día 28/08/1936.

Militante da CNT e presidente do Sindicato de Camareiros da Coruña.

Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.

Encarcerado.

Detido co gobernador civil Francisco Pérez Carballo e acompañantes, era o que levaba a bandeira branca no momento da rendición do Goberno Civil da Coruña.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo na Coruña os días 26 e 27 de agosto de 1936 polos delitos de traizón e rebelión militar, na causa 207/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Neste procedemento condenaron á pena de morte a: Joaquín-Manuel Guzmán García, Joaquín Martín Martínez, Ramón Maseda Reinante, Francisco Mazariegos Martínez, Francisco Prego Campos, Alfredo Suárez Ferrín e Manuel Vázquez González; castigaron a cadea perpetua a: José-María Eirís Carro, Enrique Rosende Calvo e Leovigildo Taboada Alvarellos; declararon fuxidos a: Martín Ferreiro Álvarez, José Moreno Torres e Marcelino Pan Insua.

Manifestou diante do xuíz que estivera no Goberno Civil a tarde do 20 de xullo e cando comezou o tiroteo refuxiouse no mesmo pazo gobernamental, ata que deron a orde de renderse; como ninguén quería coller a bandeira branca, colleuna el. Detido por ser o primeiro en saír, pero el non tiña armas.

Despois do golpe militar internárono na Prisión Provincial da Coruña da que o sacaron o día 12/01/1937 para levalo á prisión do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra). Con el sacaron a Manuel Vázquez González, José-María Eirís Carro, secretario do Sindicato de Camareiros e do Centro de Estudos Sociais Germinal; a Primitivo Miguel Frechilla, do Socorro Rojo Internacional (SRI) e do PCE; Jaurés García García, Jaurés da Lixivia, e Leovigildo Taboada Alvarellos. A Eirís, Jaurés e Leovigildo asasináronos no Campo da Rata, na Coruña, na aplicación da Lei de Fugas e xa non chegaron como os outros tres a Pamplona.

Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 14/01/1937. Participa no intento de fuga masiva de San Cristóbal na noite do día 22/05/1938 cuns 800 presos; capturárono forzas militares o seguinte día 3 de xuño en Gaskue (Navarra), cando tentaba a fuxida cara Francia. Na fuga matarían a un sentinela e apoderáronse das armas da garda militar. A varios compañeiros de fuga abatéronos as armas da Garda Civil.

O día 11/07/1940 conmutáronlle a pena na comisión de exame de penas da Coruña pola de tres anos e nove meses de prisión menor; pola fuga castigárono a 17 anos, catro meses e un día de reclusión menor.

Saíu en prisión atenuada o día 02/09/1940, logo conseguiría a liberdade definitiva.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.