Nacemento:
Morte:
Libreiro, 34 anos. Casado. Vivía na rúa Libertad, 12, na Coruña. Propietario dunha librería na rúa San Nicolás coruñesa.
Socio do Casino Republicano coruñés do que foi dirixente ata o día 22/01/1935, data na que dimitiu por mor dos desacordos.
En xullo de 1931 era vicepresidente das Xuventudes Republicanas. Nomeado secretario o día 19/04/1932 do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) e despois, o día 05/05/1934, formaba parte do Comité de Esquerda Republicana (ER).
Un político moi activo, en 1936 nomeárono delegado do gobernador Francisco Pérez Carballo para mediar en varios conflitos na provincia.
Paseado.
Na noite do 17 ao 18 de xullo de 1936 convocárono cos Irmáns da Lixivia e outras persoas das esquerdas da cidade a unha reunión no Goberno Civil. Detido cando se rendeu o Goberno Civil e no momento no que abandonaba o edificio gobernamental ondeando a bandeira branca.
José-María figura, con outros, nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo na Coruña os días 26 e 27 de agosto de 1936 polos delitos de traizón e rebelión militar, na causa 207/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Neste procedemento condenaron á pena de morte a: Joaquín-Manuel Guzmán García, Joaquín Martín Martínez, Ramón Maseda Reinante, Francisco Mazariegos Martínez, Francisco Prego Campos, Alfredo Suárez Ferrín e Manuel Vázquez González; castigaron a cadea perpetua a: José-María Eirís Carro, Enrique Rosende Calvo e Leovigildo Taboada Alvarellos; declararon fuxidos a: Martín Ferreiro Álvarez, José Moreno Torres e Marcelino Pan Insua.
Aos condenados a morte executáronos ás 06:00 h no Campo da Rata o día 31 de agosto de 1936.
A José-María internárono na Prisión Provincial da Coruña.
Morte rexistrada na Coruña a causa de disparos de arma de fogo.
Fusilado pola Garda Civil no Campo da Rata nunha suposta aplicación da Lei de Fugas cando era trasladado, con outros, ao tren para envialos ao presidio do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra).
Despois do golpe militar encarcerárono na Prisión Provincial da Coruña da que o sacaron o día 12/01/1937 para levalo a Pamplona. Sacaron a Manuel Vázquez González, Enrique Rosende Calvo, Primitivo Miguel Frechilla, José-María Eirís Carro, Jaurés García García, Jaurés da Lixivia, e Leovigildo Taboada Alvarellos. So chegaron a Pamplona os tres primeiros; a Eirís, Jaurés e Leovigildo asasináronos no Campo da Rata, na aplicación da Lei de Fugas.
O posterior atestado dos represores sinala que, despois da pinchada dunha roda do coche que os trasladaba á estación do tren, tentaron fuxir, obrigando aos gardas que os custodiaban a disparalos. É inexplicable que para levalos da Prisión Provincial a estación o coche pasara polo Campo da Rata; tamén e inexplicable a certeira puntería nunha persecución dos gardas implicados no caso: o cabo Valeriano Ibáñez Bartolomé, o número Dionisio Maestre Elena e o garda civil chofer Amador de Mena Domínguez. No caso de Jaurés a autopsia indica que morreu de dous tiros na cabeza, cando fuxía; no resto do corpo non tiña tiros, ¡que puntería!.
Soterrárono o día 13 de xaneiro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Jaurés Garcá García e Leovigildo Taboada Alvarellos.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.