← Volver atrás

Taboada Alvarellos, Leovigildo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

A Coruña
- 29/11/1874 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 12/01/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario, 61 anos. Solteiro. Domicilio na rúa Sinagoga, 9-1º, na Coruña. Funcionario do Goberno Civil e secretario particular de Francisco Pérez Carballo, gobernador civil da Coruña. Militar retirado.

Socio do Casino Republicano coruñés. O día 04/04/1932 nomeárono presidente do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) do distrito 1º da Coruña e en xaneiro de 1934 era secretario da Agrupación Socialista (AS) da Coruña. No ano 1936 pertencía a Esquerda Republicana (ER).

Apoderado da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.

Paseado.

Na noite do 17 ao 18 de xullo de 1936 convocouno no Goberno Civil da Coruña o gobernador Francisco Pérez Carballo, con outras persoas das esquerdas da cidade.

Detido por soldados de Infantería na rúa Riego de Agua, na Coruña, sen armas, o día 20 de xullo, cando abandonaba o pazo gobernativo cos seus defensores.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo na Coruña os días 26 e 27 de agosto de 1936 polos delitos de traizón e rebelión militar, na causa 207/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Neste procedemento condenaron á pena de morte a: Joaquín-Manuel Guzmán García, Joaquín Martín Martínez, Ramón Maseda Reinante, Francisco Mazariegos Martínez, Francisco Prego Campos, Alfredo Suárez Ferrín e Manuel Vázquez González; castigaron a cadea perpetua a: José-María Eirís Carro, Enrique Rosende Calvo e Leovigildo Taboada Alvarellos; declararon fuxidos a: Martín Ferreiro Álvarez, José Moreno Torres e Marcelino Pan Insua.

Aos condenados a morte executáronos no Campo da Rata, na Coruña, o día 31 de agosto de 1936, ás 06:00 h.

Manifestou diante do xuíz, que se atopaba no Goberno Civil por ser funcionario do mesmo, onde estivo o luns día 20 ata a rendición; que desde que comezou o tiroteo non participou na resistencia e que saíu cando o ordenaron as autoridades militares.

Segundo declaracións de Bebel García García, Bebel da Lixivia, Leovigildo entregoulle unha pistola no curso dos sucesos que ocorreron no Goberno Civil.

Internado na Prisión Provincial da Coruña, da que o sacaron o día 12/01/1937 para levalo a Pamplona (Navarra). Sacaron a Manuel Vázquez González, Enrique Rosende Calvo, Primitivo Miguel Frechilla, José-María Eirís Carro; Jaurés García García, Jaurés da Lixivia, e Leovigildo Taboada Alvarellos. So chegaron a Pamplona os tres primeiros; a Eirís, Jaurés e Leovigildo asasináronos no Campo da Rata na aplicación da Lei de Fugas.

Morte rexistrada no Campo da Rata da Coruña por lesións producidas por disparos de arma de fogo e, segundo informe interesado, na aplicación da Lei de Fugas. Asasinado con José-María Eirís Carro e Jaurés García García.

O posterior atestado dos represores sinala que, despois dunha pinchada nunha roda do coche que os trasladaba á estación do tren, tentaron fuxir, obrigando aos gardas que os custodiaban a disparalos. É inexplicable que para levalos da Prisión Provincial a estación o coche pasara polo Campo da Rata; tamén e inexplicable a certeira puntería nunha persecución dos gardas implicados no caso: o cabo Valeriano Ibáñez Bartolomé, o número Dionisio Maestre Elena e o garda civil chofer Amador de Mena Domínguez. No caso de Jaurés a autopsia indica que morreu de dous tiros na cabeza, cando fuxía, no resto do corpo non tiña tiros.

Soterrárono o día 13 de xaneiro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con José-María Eirís Carro e Jaurés García García. Trasladárono a un nicho en decembro de 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.