Nacemento:
Morte:
Político, industrial e futbolista, 22 anos. Solteiro. Veciño da rúa San Roque, 24-2º (Monte Alto), na Coruña. Traballaba nun negocio familiar de fabricación de lixivia. Irmán de France García García, executado, de José García García, fuxido e exiliado, e de Jaurés García García, paseado. Futbolista do Real Club Deportivo da Coruña.
Membro das Xuventudes Socialistas (XXSS) da Coruña e logo das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU).
Executado.
Na noite do 17 ao 18 de xullo de 1936 convocárono, cos seus irmáns e outras xentes das esquerdas da cidade, a unha reunión no Goberno Civil co gobernador Francisco Pérez Carballo.
Participou na defensa da cidade contra os sublevados. Formou parte do Comité de Defensa da República polas XSU no Goberno Civil durante os días anteriores ao 20 de xullo; loitou nas barricadas, requisou armas e víveres e transportou feridos ao Hospital Labaca, na Coruña.
Cando tentaba escapar detivérono en Guitiriz (Lugo), cos seus irmáns France e Jaurés; alí se desprazou o delegado de Orde Pública Florentino González Vallés para interrogalos. Fora un gran triunfo para os sublevados pola popularidade destes irmáns nos medios das esquerdas coruñesas. Os da Lixivia eran os que levaban a dirección das XSU na cidade da Coruña.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 127/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
O tribunal militar condenou á pena de morte a: Bebel García García, France García García e Enrique de Miguel Moscoso; castigaron a cadea perpetua a Jaurés García García.
Executado na Batería de Costa de Punta Herminia co seu irmán France García García; os dous se puxeron a mexar diante do pelotón de fusilamento. Con eles tamén fusilaron a Enrique de Miguel Moscoso. Pasados polas armas.
Declarou, que cando oíra as sereas dos barcos, se atopaba no Café Troya, fronte ao cuartel da Garda Civil, pero que non interviñera e que si o convocaran para a tarde noite do domingo día 19. Interviñéronlle unha pistola Astra de 7,65 mm que dixo que lle entregara Leovigildo Taboada Alvarellos, o secretario do gobernador. Manifestou que o luns 20 escapou cara A Pasaxe cos seus irmáns e logo cara Betanzos (A Coruña) e de aí para Guitiriz, abandonaron o coche e seguiron campo a través ata que os detiveron o día 25. Diante do xuíz negou estas declaracións, aducindo que eran manifestacións polo terror a que o maltrataran.
Soterrárono o día 29 de xullo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, co seu irmán France García García e Enrique de Miguel Moscoso.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.