Nacemento:
Morte:
Industrial, 16 anos. Solteiro. Veciño da rúa San Roque, 24-2º (Monte Alto), na Coruña. Traballaba nun negocio familiar de fabricación de lixivia. Irmán de Bebel García García, executado; de France García García, tamén executado e de José García García, fuxido e exiliado.
Militante das Xuventudes Socialistas (XXSS) da Coruña e logo das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU). Os da Lixivia eran os que levaban a dirección das XSU na cidade da Coruña.
Paseado.
Na noite do 17 ao 18 de xullo de 1936 convocárono, cos seus irmáns e outras xentes das esquerdas da cidade, a unha reunión no Goberno Civil co gobernador Francisco Pérez Carballo.
Detido en Guitiriz (Lugo) cos seus irmáns Bebel e France; alí se desprazou o delegado de Orde Pública Florentino González Vallés para interrogalos.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 127/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
O tribunal militar condenou á pena de morte a: Bebel García García, France García García e Enrique de Miguel Moscoso; castigaron a cadea perpetua a Jaurés García García.
Despois do golpe militar, encarcerárono na Prisión Provincial da Coruña, da que o sacaron o día 12/01/1937 para levalo a Pamplona (Navarra). Sacaron a Manuel Vázquez González, Enrique Rosende Calvo, Primitivo Miguel Frechilla, José-María Eirís Carro, Jaurés García García, Jaurés da Lixivia, e Leovigildo Taboada Alvarellos. So chegaron a Pamplona os tres primeiros; a Eirís, Jaurés e Leovigildo asasináronos no Campo da Rata, na aplicación da Lei de Fugas.
Morte rexistrada por mor de disparos de arma de fogo.
O posterior atestado dos represores sinala que, despois da pinchada dunha roda do coche que os trasladaba á estación do tren, tentaron fuxir, obrigando aos gardas que os custodiaban a disparalos. É inexplicable que para levalos da Prisión Provincial a estación do tren o coche pasara polo Campo da Rata; tamén e inexplicable a certeira puntería nunha persecución dos gardas implicados no caso: o cabo Valeriano Ibáñez Bartolomé, o número Dionisio Maestre Elena e o garda civil chofer Amador de Mena Domínguez. No caso de Jaurés a autopsia indica que morreu de dous tiros na cabeza, cando fuxía, no resto do corpo non tiña sinais de disparos.
Paseado na Coruña, morreu ao lado da prisión, preto de onde fusilaran os seus irmáns Bebel e France.
Soterrárono o día 13 de xaneiro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con José-María Eirís Carro e Leovigildo Taboada Alvarellos.
Despois da súa morte, en 1943, concédeselle unha conmutación da súa pena pola de 20 anos de prisión.
Declarou no seu atestado que non saíra da casa nas datas dos actos que se procesaban, pois quedara coa súa nai. Que o luns 20 fora ao Goberno Civil onde lle facilitaran unha pistola FN do calibre 7,65.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.