← Volver atrás

García García, France

Alcume: France da Lixivia
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Ribadeo
(Lugo)
- 01/01/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 29/07/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial, boxeador e político, 21 anos. Solteiro. Veciño da rúa San Roque, 24-2º (Monte Alto), na Coruña. Irmán de Bebel García García, executado; de José García García, fuxido e exiliado, e de Jaurés García García, paseado. Traballaba nun negocio familiar de fabricación de lixivia.

Membro das Xuventudes Socialistas (XXSS) da Coruña e logo das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU), das que era presidente.

Executado.

Na noite do 17 ao 18 de xullo de 1936 convocárono, cos seus irmáns e outras xentes das esquerdas da cidade, a unha reunión no Goberno Civil co gobernador Francisco Pérez Carballo.

Participou na defensa da cidade contra os sublevados. Cos seus irmáns Pepín, Bebel e Jaurés formou parte das milicias populares que se apostaron no Goberno Civil as noites anteriores ao 20 de xullo; tamén loitou nas barricadas. Cando tentaba escapar, prendérono en Guitiriz (Lugo), cos seus irmáns Bebel e Jaurés; alí se desprazou o delegado de Orde Pública Florentino González Vallés para interrogalos. Os da Lixivia eran os que levaban a dirección das XSU na cidade da Coruña.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 127/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

O tribunal militar condenou á pena de morte a: Bebel García García, France García García e Enrique de Miguel Moscoso; castigaron a cadea perpetua a Jaurés García García.

Executado na Batería de Costa de Punta Herminia co seu irmán Bebel García García; os dous se puxeron a mexar diante do pelotón de fusilamento. Canda eles tamén fusilaron a Enrique de Miguel Moscoso. Pasados polas armas.

Declarou que non interviñera e que si o convocaran para a tarde noite do domingo día 19. Interviñéronlle unha pistola grande do calibre 9, que manifestou que estaba avariada. Manifestou que o luns 20 escapou cara A Pasaxe cos seus irmáns e logo cara Betanzos (A Coruña) e de alí para Guitiriz, abandonaron o coche e seguiron campo a través ata que os detiveron o día 25.

Soterrárono o día 29 de xullo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, co seu irmán Bebel García García e Enrique de Miguel Moscoso.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.