Nacemento:
Morte:
Empregado e perito mercantil, 30 anos. Solteiro. Veciño da rúa Travesía de Cordonería, 2-2º, na Coruña. Era conserxe no local de Esquerda Republicana (ER).
Membro das Xuventudes de ER.
Encarcerado.
Na noite do 17 ao 18 de xullo de 1936 convocárono, cos Irmáns da Lixivia e outras xentes das esquerdas da cidade, a unha reunión no Goberno Civil por orde do gobernador Francisco Pérez Carballo.
Participou coas milicias populares que pasaron a noite no Goberno Civil nos días anteriores ao 20 de xullo e prendérono ese día 20 á saída dos rendidos do pazo gobernamental, na rúa Riego de Agua, na Coruña, sen armas.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo na Coruña os días 26 e 27 de agosto de 1936 polos delitos de traizón e rebelión militar, na causa 207/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Neste procedemento condenaron á pena de morte a: Joaquín-Manuel Guzmán García, Joaquín Martín Martínez, Ramón Maseda Reinante, Francisco Mazariegos Martínez, Francisco Prego Campos, Alfredo Suárez Ferrín e Manuel Vázquez González; castigaron a cadea perpetua a: José-María Eirís Carro, Enrique Rosende Calvo e Leovigildo Taboada Alvarellos; declararon fuxidos a: Martín Ferreiro Álvarez, José Moreno Torres e Marcelino Pan Insua.
Manifestou diante do xuíz que non formara parte de gardas armadas no Goberno Civil e que como conserxe pasara polo dito edificio a recoller a documentación que houbera para ER, cando o sorprenderon o tiroteo e alí se refuxiou ata que se levantou a bandeira branca. Que a noite anterior non estivera no dito pazo, que estivera na Peluquería Victoriano e despois no Bar Marineda, que non disparara arma de ningunha clase contra as forzas armadas.
O funcionario Julio Ramos Alfageme acusaríao de ter entregado armas aos alí concentrados, aínda que logo dixo que non podía precisar o que lles entregara e que non sabía si eran armas. Ramos Alfageme chegaría a ser gobernador civil da Coruña, de xeito provisorio, en novembro de 1939.
Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua.
Despois do golpe militar, internárono na Prisión Provincial da Coruña, da que o sacaron o día 12/01/1937 para levalo ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 14/01/1937.
Con el sacaran da cadea da Coruña a Enrique Rosende Calvo, o secretario do Sindicato de Camareiros e do Centro de Estudos Sociais Germinal; a Primitivo Miguel Frechilla, do Socorro Rojo Internacional (SRI) e do PCE; Jaurés García García, Jaurés da Lixivia; José-María Eirís Carro e Leovigildo Taboada Alvarellos. So chegaron a Pamplona el e os dous primeiros; a Eirís, Jaurés e Leovigildo asasináronos no Campo da Rata, na Coruña, na aplicación da Lei de Fugas.
Pena conmutada, co tempo, pola de seis anos e un día de prisión menor.
Enviárono á Prisión Central de Figueirido (Pontevedra) o 05/12/1939, na que o deixaron en prisión atenuada o día 01/03/1943. O seguinte 05/03/1943 pasou á liberdade definitiva.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.