← Volver atrás

Casanova Álvarez, Dositeo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

A Pobra do Brollón
(Lugo)
- 01/01/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 07/03/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Comerciante e político, 44 anos. Casado. Veciño do barrio da Estación, A Pobra do Brollón.

Con motivo da folga revolucionaria de outubro de 1934 prendérono, xulgárono en Lugo acusado de auxilio á rebelión e condenárono a seis anos de cárcere.

Concelleiro da Pobra do Brollón en 1931.

Pola súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 condenárono a seis anos e un día de prisión na causa 239/34. Co triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936 amnistiárono e repuxérono no seu cargo de concelleiro.

Executado.

Prendérono despois do movemento sedicioso e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 03/10/1936.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 08/10/1937 polo delito de adhesión á rebelión, na causa 1079/37, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 18/10/1937.

Fusilado nas tapias do cuartel da Garda Civil en Lugo, ás 07:00 h, co seu veciño Antonio Reboiro Rodríguez, alcalde da Pobra do Brollón.

Procesárono no expediente 18/38 do Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941 e no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha