← Volver atrás

Reboiro Rodríguez, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Reguengo, Santalla de Rei, A Pobra do Brollón
(Lugo)
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 07/03/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, carpinteiro e político, 40 anos. Casado con Bernarda Veiga García; tiveron dous fillos e dúas fillas: Isaac, Manuel Rosa-Luz e Paz. Veciños de Reguengo. Irmán de José Reboiro Rodríguez, fuxido. Emigrado sete anos na Habana (Cuba).

Pertencía á masonería.

Presidente do Partido Agrario Radical Galego (PARG) en San Xián de Veiga, A Pobra do Brollón en 1931. Concelleiro da Pobra do Brollón tamén en 1931. Co triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936 nomeárono alcalde; xa pertencía a Esquerda Republicana (ER).

Fuxido. Executado.

Despois do golpe de Estado detivérono pero puido escapar na estación da Pobra do Brollón, andou fuxido no monte de Saa ata que decide agocharse entre a herba na planta baixa da súa casa.

Detivérono os falanxistas da Escuadra Negra de Eirexalba, O Incio (Lugo) o día 11/08/1937.

Ingresárono na cadea de Monforte de Lemos (Lugo) o mesmo 11 de agosto e logo trasladárono a Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 798/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Proceso contra varios veciños da Pobra do Brollón, con sentenza de pena de morte para: José Casas Martínez e Antonio Reboiro Rodríguez (xulgado en varias causas); cadea perpetua para: Plácido Carballo Díaz, Jesús Casas Martínez, Manuel García Expósito, Abel González González, Ángel González González, Anselmo González López, Manuel Macía Díaz, Rodrigo Pérez Besteiro e Julio Rodríguez Vila. Auto de declaración de fuxidos para: Perfecto Quiroga Valdés e José Reboiro Rodríguez.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión, na causa 1027/36, co resultado de sentenza á pena de morte. Proceso contra varios veciños da Pobra do Brollón e do Incio.

Condenaron á pena de morte a Antonio Reboiro Rodríguez (xulgado en varias causas); penas de cadea perpetua para: Manuel González Incógnito, Francisco López Carreira e Casto Vázquez Ballesteros; prisión temporal para José Fuentes Maceda. A sentenza ditou auto de absolución para: Juan Casas Fernández e Benigno Casas Martínez, e declarou fuxido a Perfecto Quiroga Valdés.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 1106/37, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 18/10/1937.

Fusilárono os golpistas en Lugo co seu veciño Dositeo Casanova Álvarez.

Morte rexistrada por mor de feridas mortais na cabeza.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

No ano 1940 abríronlle unha causa no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.