← Volver atrás

Veiga García, Bernarda

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Reguengo, Santalla de Rei, A Pobra do Brollón
(Lugo)
- 01/01/1996 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 43 anos. Casada co labrego e político Antonio Reboiro Rodríguez; tiveron dous fillos e dúas fillas: Manuel, Isaac, Rosa-Luz e Paz. Veciños de Reguengo.

O seu home pertencía á masonería, fora presidente do Partido Agrario Radical Galego (PARG) en Veiga, Pobra do Brollón en 1931, concelleiro da Pobra do Brollón en 1931 e, co triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936, nomeárono alcalde.

Vítima colateral.

Despois do golpe de Estado a Antonio detivérono pero puido escapar na estación da Pobra do Brollón, andou fuxido no monte de Saa ata que decide agocharse na súa casa, onde o volveron prender os falanxistas da Escuadra Negra de Eirexalba, O Incio (Lugo) o día 11/08/1937. Ao seu home xulgárono, condenárono á pena de morte e fusilárono en Lugo o día 07/03/1938.

Bernarda, para sacar adiante os fillos, traballou nas leiras e coidaba animais. Tamén deu acubillo na súa casa a persoas fuxidas; os seus fillos maiores, Manuel e Isaac serían enlaces da guerrilla.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha