Nacemento:
Morte:
Chofer e político, 20 anos. Solteiro. Veciño da Coruña. Fillo do que era cura en Mariz.
De ideas comunistas.
Fuxido. Encarcerado.
Refuxiado nos montes da súa parroquia despois do alzamento militar, delatárono e prendérono os franquistas con outros fuxidos.
Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 15/11/1936 polo delito de traizón, na causa 1139/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
No dito procedemento condenaron a cadea perpetua, entre outras persoas, a: Julio Castelo Pérez, Jesús Cendán Rivas, Manuel Domínguez Fernández, Gervasio García Alonso, José Lozano Cabanas e Vicente Pereira Peirallo; ditaron auto de absolución para: Antonio Arias Pena, José Pallares Villares e Juan Puga Pérez.
Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 08/02/1937. Participou no intento de fuga desta prisión con cerca doutros 800 reclusos. Prendérono forzas militares o día 26 en Ollacarizqueta (Navarra) e reingresou na cadea o seguinte 28.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.
Concédeselle a prisión atenuada o día 26/08/1940.
Volveu á súa terra e formou familia.
Morre dun ataque ao corazón nun hospital de Lugo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.