← Volver atrás

Cendán Rivas, Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Lugo
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 01/01/1962 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tipógrafo, 23 anos. Veciño de Lugo.

Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de traizón, na causa 1139/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

No dito procedemento condenaron a cadea perpetua, entre outras persoas, a: Julio Castelo Pérez, Jesús Cendán Rivas, Manuel Domínguez Fernández, Gervasio García Alonso, José Lozano Cabanas e Vicente Pereira Peirallo; ditaron auto de absolución para: Antonio Arias Pena, José Pallares Villares e Juan Puga Pérez.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña no ano 1940.

Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 01/01/1937, onde, de xeito errado, se ten rexistrada a súa morte o 13/09/1940.

Ábreselle o expediente 169/41 no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña, sen sanción.

Morreu en Lugo en circunstancias estrañas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha