← Volver atrás

Cela Míguez, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Os Vaos, San Pedro de Láncara
(Lugo)
- 01/01/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 01/01/1969 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Pintor e político, 39 anos. Solteiro. Veciño de Láncara. Eran cinco irmáns, entre eles Antonio Cela Míguez, encarcerado; Ramiro Cela Míguez, encarcerado e Ramón Cela Míguez, tamén encarcerado. Emigrou con 16 anos á República Arxentina. Estudou na Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, en 1930.

Aos 16 anos emigrou á República Arxentina, volveu para facer o servizo militar e, para fuxir da Guerra de Marrocos, volveu á República Arxentina. Regresou nos anos vinte. No ano 1930 obtivo unha bolsa da Deputación de Lugo para estudar Belas Artes en Madrid.

No ano 1934 era secretario de Esquerda Republicana (ER) en Láncara e presidente deste grupo no 1936, ano no que acada a alcaldía de Láncara pola Fronte Popular (FP). Formou parte da Comisión que entregou o Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) en Madrid ao presidente das Cortes, Diego Martínez Barrio.

Encarcerado. Exiliado.

Cando se produce o golpe militar achábase en Madrid e traballou como mestre na zona republicana. Prendérono os franquistas ao remate da guerra civil.

Xulgado en consello de guerra en Aranjuez (Madrid) co resultado de sentenza a prisión.

Permaneceu case que un ano detido, pasando polo campo de concentración Miguel de Unamuno, en Madrid, e polo de Burgos.

Puxérono en liberdade volveu a Láncara en prisión atenuada e no ano 1952 marchou para a República Arxentina, onde se rexistra a súa morte.

Ábreselle un expediente de responsabilidades políticas e indultárono no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha