← Volver atrás

Ceruelo Ares, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Arzúa
(A Coruña)
- 01/07/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 31/08/2003 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mecánico, sindicalista e político, 26 anos. Casou con Carmen Nieves Calvelo; tiveron dúas fillas: Hildelina e María del Carmen. Veciños de Santiago de Compostela.

Militante das Xuventudes Libertarias (XXLL) desde a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja e do Sindicato de Metalúrxicos, vencellado á CNT, onde desenvolveu cargos directivos na II República.

Encarcerado.

Despois de desertar do exército franquista na fronte de Araba, ingresou nas milicias en xullo de 1937 e combateu coas forzas republicanas no 30º Batallón Celta da 12ª Brigada Mixta, 2ª División do I Corpo de Exército de Euskadi e no 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias na fronte asturiana. Tivo unha credencial do Comité das Xuventudes Libertarias para formar grupos xuvenís no Batallón Celta.

Detido polos franquistas ao caer a Fronte Norte.

Xulgado polo Tribunal Militar Territorial de Araba, na causa 217/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada na comisión de Araba pola de 20 anos e, tempo andado, pola de seis anos de prisión menor.

Púxérono en liberdade no ano 1943, retornou á CNT de Santiago de Compostela e acubillou no seu taller de máquinas de escribir a fuxidos do réxime.

Na primavera de 1947, nunha redada contra da CNT, prendérono.

Xulgárono e condenárono a nove anos, dez meses e trece días de cadea.

Cumpriu a condena nas prisións de Vigo, de Lugo e de Santoña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha