Nacemento:
Morte:
Médico, profesor universitario e político, 41 anos. Divorciado. Veciño en 1936 da rúa Praterías, 5-1º, en Santiago de Compostela (A Coruña). Profesor axudante de inglés na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Masón da loxa Libredón de Santiago de Compostela; desenvolveu o cargo de esmoleiro desta loxa.
Afiliado ao Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), despois do Partido Republicano Radical (PRR) de Alejandro Lerroux García e máis tarde de Unión Republicana (UR). Elixido concelleiro de Santiago de Compostela e nomeado 4º tenente de alcalde nas eleccións municipais de 1935 pola UR.
Cando se produce o golpe de Estado era director do Balneario de Villar del Pozo (Ciudad Real)
Colaboracionista. Depurado. Encarcerado.
Despois do alzamento dos sublevados uniuse aos dereitistas e formou parte da Quinta Columna, que atacaba aos republicanos na retagarda na zona de Ciudad Real.
En novembro, cando se achaba en Ciudad Real, destituírono no seu posto na USC en novembro de 1936 e requisáronlle unha clínica que posuía en Santiago de Compostela.
Condenado coa separación definitiva do servizo como profesor universitario.
En 1940 residía na Coruña e afiliouse á Falanxe; nese ano retractouse da masonería
Represaliado economicamente e con inhabilitación polo Tribunal de Responsabilidades Políticas (TRP).
O Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo condenouno a 12 anos e un día de cadea.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.