← Volver atrás

Cofán Eiriz, Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Paseado. Sancionado

Nacemento:

Barbadás
(Ourense)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 07/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Comerciante e político, 35 anos. Veciño de Parada, San Lourenzo de de Piñor, Barbadás.

Militante das esquerdas.

Fuxido. Encarcerado. Paseado. Sancionado.

Cando se produce o golpe dos militares rebeldes participou no único conato de resistencia ao golpe en Ourense e o corte das liñas telegráficas; unha operación que dirixían Manuel Gómez del Valle e Fernando Cordón García.

Despois ocultouse no domicilio de Erundina Álvarez Pérez, na casa do seu home en Ferreirós, Entrimo (Ourense). Denunciados polo home de Erundina, Constante Álvarez González, prendéronos o día 23/09/1936 membros da Garda Civil.

Preso no cárcere de Ourense do 23 de setembro ao 5 de outubro, data na que o puxeron en liberdade; dous días despois paseárono na estrada de Reza-Ourense.

Morte rexistrada en Ourense por mor dunha hemorraxia interna.

En xaneiro de 1937 o Xulgado Militar de Incautacións e Confiscacións decretou a incautación de todos os seus bens.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha