← Volver atrás

Colín Veiga, Benito

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Vilasonte, San Martín del Valledor, Allande
(Principado de Asturias)
- 01/01/1883 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 10/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xastre e político, 53 anos. Casado. Veciño de San Cibrao, Santa María de Lieiro, Cervo (Lugo). Emigrado en Cuba, de onde volveu nos anos vinte e abriu unha xastrería na Praza do Lugar, en Cervo.

Foi un dos fundadores da UXT local. Militante de Unión Republicana (UR) e tesoureiro do seu Comité Local en 1936. Despois da vitoria da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936, nomeárono alcalde de Cervo en maio dese ano.

Executado.

Cando se produce o golpe militar prendérono os fascistas o día 21/07/1936, cando conducía un coche con armas requisadas, e ingresárono no depósito de Viveiro; trasladárono á Prisión Provincial de Lugo o seguinte 26, cárcere da que o sacaron o día 10 de decembro para executalo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 17/08/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 222/36, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 03/12/1936.

Condenaron á pena de morte a: Benito Colín Veiga e José-María Correa Miranda. Penas de cadea perpetua para: Antonio Abad Gómez, Justo Cao Carbajales, Esteban Castro Alonso, Luis Diéguez Mariño, Ramón Martínez Paleo e Claudio Pernas Campo. Castigaron con 15 anos a: Sergio Correa Fra, José Costa Pardo, Valeriano González Díaz, José Murados Fernández e Nicolás Rey López. 12 anos de cadea para: José Otero Álvarez e Manuel Ponte López.

Executado en Lugo con José-María Correa Miranda, secretario do Xulgado de Cervo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha