Nacemento:
Morte:
Mestre, comerciante e político, 29 anos. Solteiro. Veciño de Cervo. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña). Mestre nacional de San Román de Vilaestrofe, Cervo (Lugo).
Militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) e vicepresidente da súa xunta directiva en Xove (Lugo) desde febreiro de 1934.
Encarcerado. Morte na cadea. Depurado.
Prendérono os franquistas e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 07/08/1936.
Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 17/08/1936 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 222/36, co resultado de sentenza a 15 anos de prisión segundo resolución do día 03/12/1936.
Condenaron á pena de morte a: Benito Colín Veiga e José-María Correa Miranda. Penas de cadea perpetua para: Antonio Abad Gómez, Justo Cao Carbajales, Esteban Castro Alonso, Luis Diéguez Mariño, Ramón Martínez Paleo e Claudio Pernas Campo. Castigaron con 15 anos a: Sergio Correa Fra, José Costa Pardo, Valeriano González Díaz, José Murados Fernández e Nicolás Rey López. 12 anos de cadea para: José Otero Álvarez e Manuel Ponte López.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo.
Morte rexistrada en Lugo, na enfermería do cárcere, por mor dunha tuberculose.
Os franquistas abríronlle un expediente de depuración como mestre.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.