Nacemento:
Morte:
Oficinista e sindicalista, 22 anos. Veciño de Pardavila, Santa Cristina de Lavadores. Oficinista nos estaleiros.
Membro da Federación Anarquista Ibérica (FAI) e un dos fundadores no ano 1931 das Xuventudes Libertarias (XXLL) de Vigo. Membro do Sindicato Único de Metalúrxicos en Vigo, da CNT.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
No momento de producirse o golpe dos militares sublevados participou na resistencia republicana nos barrios de Teis e Lavadores, en Vigo.
Despois do triunfo rebelde fuxiu ao monte e integrouse no grupo de César Rosas Bermúdez e Antonio Iglesias González.
O día 19/04/1937 a Olegario Collazo Lago localizárono por mor dunha delación e asasinárono con Leopoldo Comesaña Lorenzo e José López Rivas, compañeiros do grupo, en San Xoán do Monte, nun enfrontamento coa Garda Civil.
Morte rexistrada en Vigo despois dun tiroteo e a causa dunha hemorraxia cerebral.
O seu cadáver apareceu nunha casa de San Xoán do Monte.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.